Posted by : Rubén Molinero malvido miércoles, 22 de octubre de 2014


Hoxe foi un día super divertido. Chegamos á clase e estaba decorada dunha maneira moi rara. Había teas de araña por distintos lados, cabazas nas estanterías, morcegos e bruxas nas paredes, a fiestra con debuxos dunha momia, un esqueleto e unha pantasma... incluso a porta da clase convertiuse nunha momia!!! Non había duda, o SAMAÍN chegou a clase e ao cole.
O Samaín celébrase en galicia para conmemorar unha celebración celta. Segundo esta cultura se pensaba que o ano tiña dúas metades (unha clara e outra oscura). A oscura chamábase Samonius, e empezaba en outubro-novembro segundo a lúa.
Na clase levaremos a cabo un montón de actividades relacionadas coa "oscuridade". Hoxe estivemos a facer figuras con plastilina negra, puxemos máscaras de personaxes de medo,  xogamos con esqueletos e cabazas... e faremos moitas cousas máis!




Podedes descargar as fotos aquí. 

Podedes ver máis fotos do cole e do edificio de infantil na páxina web do cole:
- Fotos na páxina principal da web.
- Fotos no apartado de infantil.

Traballaremos ao Samaín hasta o mércores que ven, así que se queredes podedes aportar á clase algún material relacionado co tema (un monstro, un conto de medo, unha máscara...). O empregaremos durante este días e o devolveremos o mércores que ven. É importante que lle poñades o nome ao que traiades.

{ 4 comentarios... read them below or Comment }

  1. Sandra Fernández Docasal22 de octubre de 2014, 10:33

    Qué chulo vos quedou!! Benvido o Samaín!!

    ResponderEliminar
  2. Que bien!! Y encima a Darío le encanta disfrazarse, y mejor si es de monstruo! 😊

    ResponderEliminar
  3. La decoración muy bonita. A Carlota le encantó la plastilina negra.

    ResponderEliminar
  4. Ja,ja,ja... Debajo de esa careta de Vampiro hay unos chichos que me suenan..

    ResponderEliminar

- Copyright © Medrando en balaídos - Skyblue - Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -