Posted by : Rubén Molinero malvido miércoles, 29 de octubre de 2014



Con motivo do Samaín levamos uns días traballando a canción dos esqueletes. Está inspirada na canción do Samaín de Mamá Cabra pero a nosa versión fixémola entre todos escollendo que facían os esqueletes en cada número. Como nós saía tan ben decidimos grabalo en vídeo e escondelo cun conxuro de realidade aumentada dentro dun traballo realizado por nós. 
Hoxe levaron o traballo (se o perden ou o estropearon podedes baixar e imprimir a imaxe de arriba), así que se queredes ver a sorpresa que garda no seu interior seguide estas indicacións.


Esta semana faltaron varios peques que estaban malitos e non puideron participar nesta actividade, pero non vos preocupedes porque faremos moitas máis con distintas temáticas e cancións.

{ 5 comentarios... read them below or Comment }

  1. Magnífica sorpresa Rubén!!! Está genial!!!!! :D

    ResponderEliminar
  2. Sandra Fernandez Docasal31 de octubre de 2014, 7:28

    Moi chulo!!! Agora entendo por fin o que dicia Violeta!!;)

    ResponderEliminar
  3. Hola soy Iris la prima de Carlota y me encanto ver el baile de los esqueletos.

    ResponderEliminar

- Copyright © Medrando en balaídos - Skyblue - Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -