Posted by : Rubén Molinero malvido viernes, 17 de octubre de 2014


Xa levamos máis dun mes no cole, e pouco a pouco imos introducindo traballos novos. Esta semana empezamos a traballar como agarrar correctamente un útil para escribir, xa sexa un pincel, un rotulador o unha cera. É moi importante que o collan ben, xa que os errores que adquiran agora poida que sexa moi difícil que os perdan no futuro, por iso é fundamental que corrixades cada vez que o fagan mal.
A forma correcta de agarrar é facendo unha pinza co dedo pulgar e índice, e poñendo o dedo corazón por debaixo. Por agora centrámonos en que o collan facendo unha pinza cos dous dedos, seguimos os seguintes pasos:
1- Pechamos o puño.
2- Estiramos o índice e o pulgar (facendo unha pistola).
3- Collemos o rotulador.



Para gañar forza e soltura na acción da pinza do pulgar e o índice, na clase fixemos exercicios de musculación de dedos!! Estivemos xogando coas pinzas da roupa e probando a abrilas e pechalas, e ademáis tamén as empregamos para facer puzles encaixables.

 


Sería xenial, que na casa tamén fomentedes xogos e exercicios onde os peques empreguen a pinza pulgar-índice, xa que facilitará un correcto agarre do útil de cara a escritura e gañarían precisión nos seus movementos. 

{ 1 comentarios... read them below or add one }

  1. Que bueno montar el puzzle con las pinzas!! Practicaremos en casa.

    ResponderEliminar

- Copyright © Medrando en balaídos - Skyblue - Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -