Posted by : Rubén Molinero malvido miércoles, 12 de noviembre de 2014


Pouco a pouco vai avanzando o curso, e imos aumentando os traballos que facemos na clase. Xa estamos traballando a figura xeométrica do círculo, o número un, como coller ben o rotu coa pinza para escribir ben... e onte empezamos a traballar outra cousa máis: O nome propio.


A aprendizaxe do nome propio supón o primeiro paso na iniciación á lectura e á escritura. 


A primeira tarefa de aproximación ao nome foi a construcción por medio da copia letra por letra. Desta maneira os nenos manipulan as letras que o forman de maneira física, entendendo cantas son, colocándoas na posición e orde correcta... 




Sería recomendable que na casa tamén teñan o seu nome nun cartel ou debuxo visible e grande nalgunha parte da súa habitación (na parede, na porta...) de tal maneira que canto máis o vexan máis fácil será a súa identificación no futuro.

{ 1 comentarios... read them below or add one }

  1. A Manuel le encanta! Que divertido lo haces todo profe, así mola aprender!

    ResponderEliminar

- Copyright © Medrando en balaídos - Skyblue - Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -