Posted by : Rubén Molinero malvido viernes, 10 de abril de 2015


E chegamos a terceira avaliación...que rápido pasa o tempo!! Xa todos recoñecemos o noso nome case sen problemas con rotu e con lápiz. Na avaliación pasada empezamos a escribilo de maneira máis ou menos libre ou natural, pero nesta avaliación traballaremos moito a direccionalidade da realización das letras.

Esta demostrado que facendo os trazos que conforman as letras se realiza unha mellor escritura, máis fluída e sinxela.
Aquí podedes descargar as imaxes de como realizar a grafía de cada letra, e así reforzar aos peques na casa. Tedes maiúsculas e minúsculas, pero é moi importante non empezar traballar as maiúsculas ata que as maiúsculas estean ben fixadas.

{ 1 comentarios... read them below or add one }

  1. Graciñas, profe.
    A Martín encántalle escribir o seu nome e o dos compañeiros, cando está na casa.
    O dos trazos era unha cousa que eu me empezara a plantexar.
    ;)

    ResponderEliminar

- Copyright © Medrando en balaídos - Skyblue - Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -