Posted by : Rubén Molinero malvido lunes, 15 de junio de 2015



Acaba o curso, e xa estamos pensando en como traballaremos o curso que ven. Ao longo da terceira avaliación realizamos actividades cunha metodoloxía de aprendizaxe colaborativa e empregamos algunha rutina e dinámica de aprendizaxe cooperativo (como o folio xiratorio ou lápices ao centro nas que afondaremos máis adiante).
O primeiro paso foi realizar actividades que nos uniran como grupo-clase, e para iso realizamos dúas actividades: a pelota e o puzzle.

Ao longo do curso que ven, traballaremos moito en grupos fixos (tamén coñecidos de base), que se manterán ao longo de toda a primeira e segunda avaliación polo menos.
Para formar os grupos, que son heteroxéneos (distintos niveis de capacidades, distintas afinidades, nenos e nenas...), fixemos una actividade na que os peques tiñan que buscar aos compañeiros que tiñan o mesmo gomet ca eles. Logo tiveron que escribir cada un o seu nome nun folio, pegar os gomets de cada un e escoller un nome para o grupo (estando todos dacordo).


Así foi como quedaron configurados os grupos.





{ 4 comentarios... read them below or Comment }

  1. Qué bien lo pasan estos niños.mi heba aprendió mucho y la verdada no hay como trabajar en equipo.gracias profe por todo.

    ResponderEliminar
  2. Seguro que va a ser una gran manera de aprender, y sobre todo a valorar a los compañeros, el curso que viene será otro gran curso.

    ResponderEliminar
  3. Los nombres son lo mejor... Jejeje... Que bien se lo van a pasar!

    ResponderEliminar

- Copyright © Medrando en balaídos - Skyblue - Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -