Posted by : Rubén Molinero malvido miércoles, 30 de septiembre de 2015


O noso proxecto sobre as mascotas xa está en pleno funcionamento! Xa temos un rincón para todo o material, temos: un esquema do que sabemos (que fixemos coa tablet), un montón de materais relacionados coas mascotas que trouxemos da casa, e un mural con fotos das mascotas que coñecemos.
Estos últimas días estivemos empregando a nosa mascota Tiburoncín como centro de interese para traballar distintos aspectos de repaso (sobre todo as vogais e os números 1,2,3)


Ao longo das próximas semanas faremos un montón de actividades e tarefas onde iremos metendo novas letras, números, habilidades, capacidades, competencias sempre de maneira global e con relación coa vida cotiá.
Hoxe recibimos a visita de Karitza, a mamá de Naiara. Levou a clase os tres peixes que teñen na casa, e unha codorniz. Miramos moi atentos como eran e que facían, e aprendimos un montón de cousas sobre elas.


Podedes ver máis fotos desta actividade aquí.

{ 2 comentarios... read them below or Comment }

- Copyright © Medrando en balaídos - Skyblue - Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -