Posted by : Rubén Molinero malvido miércoles, 23 de septiembre de 2015



O curso pasado coñecemos case ao final o robot programable de  Beebot. Un robot de chan que nos permitirá traballar de maneira divertida e globalizada os números, as nocións espaciais, a capacidade de planificación e anticipación... Durante este curso o usaremos moito, xunto con outras dúas novidades (que conseguiron os mestres sen coste algún para a aula).
Para ir coñecendo as novas ferramentas fixemos un obradoiro de robótica, no que os peques puideron coñecer e practicar con eles, tanto en gran como pequeno grupo. Primeiro en gran grupo presentamos cada robot, e comprobamos o que podía facer.



Despois, xa por equipos puidemos ir probando cada robot. Co beebot e o escornabot puidemos traballar calcular, planificar e programar a ruta para que o robot chegara a meta proposta.



Por outra banda, co Ozobot os peques puideron debuxar camiños con rotu, e o robot o seguía (esto nos axudará no curso a traballar a grafomotricidade e a lectoescritura) ou incluso deseñar circuitos co ipad e meter instruccións para que o robot as seguira (ir máis lento, rápido, xirar, etc...).




De seguro estas ferramentas nos axudarán a que os peques aprendan un montón ao longo de todo o curso.
Podedes ver algunha foto máis aquí.

{ 2 comentarios... read them below or Comment }

  1. Ala, que guay no? Eso es mejor que los libros, está claro,y más divertido.

    ResponderEliminar
  2. Ala, que guay no? Eso es mejor que los libros, está claro,y más divertido.

    ResponderEliminar

- Copyright © Medrando en balaídos - Skyblue - Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -