Posted by : Rubén Molinero malvido jueves, 29 de octubre de 2015


Un día os nenos e nenas estaban explicando os distintos obxectos que trouxeron relacionado co noso proxecto das mascotas. Cando chegou o turno de Naiara ensinounos uns premios para cans e explicounos que son como galletas que se lle dan aos cans cando o fan ben.
Nese momento falamos do xenial que estaría saber facer galletas, e decidimos aprender. 
O primeiro que fixemos foi pedir axuda a unha nai que sabiamos que sabía facer galletas. Escribímoslle entre todos unha carta na pizarra dixital e lla mandamos por mail. Nela pedíamos que nos mandara a receita e se nos podía vir a axudar.
Respondeunos que sí nos axudaría e mandounos a receita. De maneira colaborativa (coa técnica de lápices ao centro) empezamos a coñecer cales eran os distintos ingredientes.
E traballamos tamén os números en relación a cantidade de cada ingrediente dentro da receita.
Cando xa aprendemos ben cales eran os ingredientes decidimos pedirlle a unha mamá que traballa nun supermercado se nos podía comprar os ingredientes. Esta vez en vez de unha carta escrita fixemos unha video-carta en galego.

Aos poucos días víu Ana, a mamá de Mara, e Javi, o papá, a traernos a compra, e ademáis, faláronnos de todo o que hai no super e o importante que é para os nenos e nenas, e para as mascotas, ter unha alimentación sá e equilibrada.
Por outra banda, días antes de facer as galletas, decidimos e practicamos (tanto con plasti como co iPAD) as formas que terían. Como queriamos que se pareceran aos premios dos cans escollimos tres formas: círculos, casetas de cans, e ósos.
Chegado o día de facer as galletas, seguimos todas as indicacións que nos deu a Esther, a mamá de Izan, que viu a axudarnos.

Unha vez feitas estivemos experimentado cos sentidos antes de comelas; vímolas, cheirámolas, tocámolas, e, por suposto, saboreámolas!!
Os días seguintes fixemos varios traballos  escritos en equipo (coa técnica do folio xiratorio) e en individual, relacionados coa realización das galletas e que nos servirían para facer a última actividade: a grabación de como facer as galletas.

Por último, só nos quedou grabar o vídeo explicando paso a paso como facer as galletas.
Y este fue el resultado final.


Aquí podedes ver e descargar fotos do proceso e todos os vídeos.

{ 8 comentarios... read them below or Comment }

  1. Plas plas plas (aplausos). Es para quitarse el sombrero, el trabajo q habéis hecho todos! Impresionante!

    ResponderEliminar
  2. Bravo, bravo!! Que emoción!! Madre mía lo que da de sí aprender a hacer galletas. Enhorabuena. Gran trabajo.

    ResponderEliminar
  3. Bravo, bravo!! Que emoción!! Madre mía lo que da de sí aprender a hacer galletas. Enhorabuena. Gran trabajo.

    ResponderEliminar
  4. Q guay!!! Genial trabajo de todos!! Niños papis y profe!! Este finde toca galletas!! Jejeje..

    ResponderEliminar
  5. Q guay!!! Genial trabajo de todos!! Niños papis y profe!! Este finde toca galletas!! Jejeje..

    ResponderEliminar

- Copyright © Medrando en balaídos - Skyblue - Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -