Posted by : Rubén Molinero malvido viernes, 9 de octubre de 2015


Dentro do proxecto das mascotas hoxe puidemos coñecer un pouco máis sobre os cans grazas á visita de Messi o can de Manuel (e da súa avoa Margó).
Durante un bo rato Pili explicounos un montón de cousas sobre Messu: que come, como son as súas patas, os seus dentes, a que lle gusta xogar, como hai que coidalo, e moitas cousas máis...


Manuel ensinounos como pasea coa súa correa, e logo puidemos tocalo por parellas e disfrutar dos aloumiños que Messi nos daba, é un can moi cariñoso.

Aprendemos moi sobre os cans. Estamos desexando recibir máis visitas de pequenos animáis. Podedes descargar as fotos aquí.

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

- Copyright © Medrando en balaídos - Skyblue - Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -