Posted by : Rubén Molinero malvido domingo, 1 de noviembre de 2015


Ao longo de outubro estivemos recibindo fotos das mascotas que os peques coñecen fóra do cole. Cada día un par deles explicaban como se chamaba esa mascota, que tipo de animal é e onde vive (coa avoa, co tío, co veciño...).
Con todos esas fotos realizamos un álbum, onde os peques por equipos en clase, ou individual na casa, deberán ser quen de agrupar as fotos por tipo de animal e ordealas seguindo a orde numérica correspondente.


Cada día o empregaremos na clase, e o final o levará o encargado ou encargada para poder facelo na casa.  O álbum irá a casa coas fotos sen colocar, e volverá ao día seguinte con todas as fotos colocadas no seu oco (sempre que sexa posible, todas as actividades que propoñemos dende clase para casa teñen carácter voluntario NON SON DEBERES). Por outra banda hai que ter en conta que É MOI IMPORTANTE TER COIDADO DE NON PERDER NINGUNHA PEZA, xa que impediría que o seguinte o poida levar completo. 
Podedes ver todas as fotos e vídeos do proceso de creación aquí.

{ 1 comentarios... read them below or add one }

  1. Este fin de semana Mara fue la encargada y trajo el album de mascotas a casa con Tiburoncín. Está genial y es super divertido. Hemos jugado un montón. Esperamos que vuelva pronto a nuestra casa.

    ResponderEliminar

- Copyright © Medrando en balaídos - Skyblue - Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -