Posted by : Rubén Molinero malvido lunes, 30 de noviembre de 2015


Como no proxecto anterior, no proxecto das mascotas traballamos todas as intelixencias múltiples: lóxica-matemática, lingüística, naturalista, visual, kinestésico-corporal, musical, intrapersoal e interpersoal. Nos seguintes vídeos podedes ver como traballamos as dúas últimas.
Para centrarnos na intelixencia intrapersoal, cada día o encargado reflexionaba sobre o seu estado de ánimo e o compartía cos demáis. Ademáis, para aprender a manexar os nosos sentimentos introducimos a meditación na clase seguindo as pautas do libro: "Tranquilos y atentos como una rana".


Por outra banda, durante este proxecto afianzamos os grupos de traballo e o aprendizaxe cooperativo e colaborativo. Todos se axudan, confían nos compañeiros e comparten os éxitos do seu traballo. Esta metodoloxía está dando moi bos resultados na clase. Aquí tedes a proba.

{ 3 comentarios... read them below or Comment }

  1. Que chulo! Que bonito es ver como van adquiriendo habilidades tan importantes a través de las vivencias ... Me encantan los vídeos!!

    ResponderEliminar
  2. Encantoume!!! Sobre todo o recuncho da meditación..estou pensando poñer un na casa!!

    ResponderEliminar
  3. Madre mía que pasada,estoy impresionada!! Todo lo que habéis hecho para el proyecto.... Enhorabuena!!

    ResponderEliminar

- Copyright © Medrando en balaídos - Skyblue - Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -