Posted by : Rubén Molinero malvido miércoles, 25 de noviembre de 2015



Xa estamos chegando ao final do proxecto das mascotas, pero non podíamos rematalo sen traballar a intelixencia musical a través dunha canción con coreografía.
Fai unhas semanas viñeron dous músicos de folk e de entre as distintas cancións que nos ensinaron había unha que falaba dunha vella que tiña varias mascotas e decidimos aprendelas.
No rincón do traballo e da tablet fixemos distintas actividades con números e letras que posteriormente servirían de fondo ao vídeo final da canción.
Ademáis, secuenciamos e ordenamos as estrofas por medio de pictogramas para facilitar a compresión.

Por outra banda, estivemos practicando a canción ata  que a soubemos. Para grabala pedimos axuda á profe de música, que viu a tocar a guitarra e ademáis trouxo a dous nenos de 6º que tocaron o pandeiro e o tambor. Ademáis repartimos instrumentos entre os peques para acompañar a canción.
Unha vez que xa tivemos a canción grabada e o vídeo preparado grabamos por equipos a coreografía co croma por detrás, como na tele!!!

Despois de todo este gran traballo, este foi o gran resultado.



Podedes ver máis fotos do proceso premendo aquí.

{ 3 comentarios... read them below or Comment }

  1. Que grandes!!! Sois geniales!!!!! Una vez más, nos emocionamos al ver lo que aprenden.

    ResponderEliminar
  2. A Carlota le encanta la canción. Los abuelos alucinaron cuando se la cantó.

    ResponderEliminar

- Copyright © Medrando en balaídos - Skyblue - Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -