Posted by : Rubén Molinero malvido viernes, 15 de enero de 2016

Unha vez pasados uns días da volta de nadal entramos de cheo na segunda avaliación con importantes novidades.
Pouco a pouco seguimos profundizando na metodoloxía do aprendizaxe cooperativo. Xa estamos acostumados a traballar en grupos, agora chegou o momento de asumir roles.


Durante un prazo de dúas ou tres semanas manteremos unha función para cada membro do grupo:

- Responsable do equipo: O encargado de coordinar e axudar aos membros do equipo.
- Encargado do silencio: É o que controla os niveis de ruido durante o traballo.
- Axudante: É o que axuda ao responsable, e sustitúe a este se falta a clase.
- Encargado do material: O que se encarga de coller, coidar e recoller o material necesario para traballar.
- O animador: É o encargado de animar e favorecer un clima positivo durante o traballo.
 Aquí temos o primeiro reparto de roles desta avaliación:






Tamén introducimos novidades no xestión da aula que levamos a cabo co Classdojo. Por unha banda temos novos comportamentos que queremos conseguir, tanto positivos coma negativos, e os peques terán que esforzarse máis para conseguilos (cada día que pasa os peques crecen e poden dar máis!):



A cambio do esforzo que lle imos pedir aos peques acordamos con eles un programa de recompensa no que a medida que consigan puntos irán conseguindo premios que os motiven a esforzarse máis e máis.
Se consiguen: 
- 15 puntos gañarán un globo.
- 25  farán unha medalla na clase.
- 35 puntos poderán sentarse cun amigo na asamblea durante unha semana.
- 50 puntos poderán levar un xoguete da clase á súa casa durante unha semana.

Como dende a casa podedes ver o seu progreso animamos as familias a motivalos e animalos!!

{ 3 comentarios... read them below or Comment }

  1. Están muy bien estas novedades. Ahora comprendo porque Ángela me decía que era la jefa del Cole, jjjiiiijjjiii

    ResponderEliminar
  2. Que guay profe!! Me encanta como están de motivados!

    ResponderEliminar

- Copyright © Medrando en balaídos - Skyblue - Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -