Posted by : Rubén Molinero malvido jueves, 11 de febrero de 2016



Seguimos aprendendo moitas cousas sobre o fútbol, con que se xoga, onde, que papeis poden desenvolver as persoas que xogan (xogador de campo, porteiro, árbitro, adestrador...) incluso chegamos a investigar sobre os sons que podemos escoitar no fútbol.
De entre todas as cousas relacionadas co proxecto investigamos cales producían sons, e decidimos crear un taboleiro de sons coa app Madpad do iPAD.
Empezamos con obxectos ruidosos como o silbato, a bubucela ou os aplaudidores (que nolos trouxo de Balaídos a profe de AL Ana)




Despois pasamos a preguntarnos como soan os tacos ao correr, ou unha patada nas espinilleras!


Logo se nos ocurríu saír a buscar sons no campo de fútbol do cole: como soa a celebración dun gol, dunha parada do porteiro, do poste da portería, dunha patada a un balón, ou da emoción do público cando o seu equipo case mete un gol.



 Unha vez que grabamos todos os sons creamos o noso taboleiro de sons.

 
Co panel feito, fomos pasando e experimentando, tanto en gran grupo, como logo por parellas no recuncho da tablet.




Podedes ver máis fotos e vídeos da actividade aquí.

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

- Copyright © Medrando en balaídos - Skyblue - Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -