Posted by : Rubén Molinero malvido martes, 8 de marzo de 2016

 Hoxe foi o día 8 de marzo, día da muller. Estivemos reflexionando na clase de por qué habería un día da muller. Os peques non se creían que fai moitos anos as mulleres non podían traballar, ou votar, ou xogar... Estivemos falando de cal debería ser o papel de homes e mulleres, e descubrimos que moitas nais fan moitas cousas na casa mentres que moitos papás están tirados no sofá. Será verdade?
Para homenaxear a esas mamás e mulleres tan traballadoras decidimos facer un traballo. Todos fomos escribindo con letras e na tablet os nomes das mulleres importantes para nós, e creamos unha nube de palabras co símbolo da muller (o espello da deusa Venus).

 Despois as imprimimos e as recortamos. Quedaron unhas medallas super chulas!
 Bravo por todas as mulleres!!!
Podedes ver máis fotos desta actividade tan chula aquí.

{ 2 comentarios... read them below or Comment }

  1. Muy chulo. Lo importante es que ellos aprendan que todos somos iguales

    ResponderEliminar
  2. Bravo!! Encantounos a medalla, bonita homenaxe!!

    ResponderEliminar

- Copyright © Medrando en balaídos - Skyblue - Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -