Posted by : Rubén Molinero malvido domingo, 10 de abril de 2016


Recordades todas as láminas de realidade aumentada que fixemos nos proxectos de fútbol, mascotas e cabalos? A semana pasada as reunimos nun libro que viaxara con tiburoncín á casa do/a encargado/a para ir traballando a iniciación a lectura.
O que imos a intentar é que os nenos e nenas traballen en base o método fonético, é dicir, coñecer as letras e os seus sons, e ir enlazándoos pouco a pouco. SEN FORZAR, SEN PRESIONAR, sempre animando ao peque e felicintándoo polos avances, aínda que avance pouco a pouco. Aquí tedes un exemplo de como facemos na clase.



Se queredes ver a realidade aumentada na casa só tedes que seguir as instruccións que pon na parte de atrás da portada do libro.

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

- Copyright © Medrando en balaídos - Skyblue - Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -