Posted by : Rubén Molinero malvido sábado, 14 de mayo de 2016


Xa levamos un par de semanas traballando sobre Vigo e xa empezamos a saber un montón de cousas sobre a nosa cidade.
Despois de ver todas as fotos que nos mandaron as familia, decidimos escoller seis lugares e creamos un cubo (ou dado) que tivemos que recortar e que o profe nos axudou a montar.





Co que puidemos xogar a lanzalo e ver que lugar nos tocaba.
Por outra banda, tamén fixemos autobuses (ou vitrasas como os chamamos ne Vigo) que cos Crafty Robots puideron moverse pola mesa e foi moi divertido!

A próxima semana cada pequeno ou pequena levará a súa creación para casa, pero mentres deixamos aquí as dúas plantillas que fixemos por se alguén quere facelas na casa.


{ 1 comentarios... read them below or add one }

- Copyright © Medrando en balaídos - Skyblue - Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -