Posted by : Rubén Molinero malvido sábado, 14 de mayo de 2016


O 15 de maio é o día da familia e este ano para conmemoralo decidimos crear un agasallo moi especial.
Despois de falar varios días sobre as familias, chegamos a conclusión que cada familia é distinta e que necesita distintas cousas. Pero hai 5 cousas que todas as familias deben ter: comunicación, respeto, comprensión, humar e, por suposto, amor!
O primeiro paso que fixemos foi crear ese cinco elementos. Para iso empregamos azucre e colorante alimentario.



Incluso tivemos que mesturar varios cores (azul + amarelo) para conseguir outros que non tiñamos coma verde. E remexemos con moita forza!


Unha vez que tiñamos as cinco cores decidimos que cor asignamos cada elemento, e empezamos a encher cada un a súa botella.
 
Cada un as encheu de maneiras distintas, xa que hai familias que necesitan máis humor, o máis amor... como dixemos, cada familia é distinta.





Unha vez que tiñamos as botellas listas, escribimos en papel cantas cullaradas puxemos de cada elemento e copiamos o título desta tarefa: Receta para unha familia dulce.




 

Feito todo isto, xa temos a botella preparada coa receita para unha familia dulce!! 


Podedes ver máis fotos de todo este proceso aquí.



{ 3 comentarios... read them below or Comment }

  1. Gracias por echarnos un poquito de azúcar a la vida, siempre, con estos preciosos trabajos!

    ResponderEliminar
  2. Gracias por endulzarnos con detalles así.
    :)

    ResponderEliminar

- Copyright © Medrando en balaídos - Skyblue - Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -