Posted by : Rubén Molinero malvido domingo, 16 de octubre de 2016


Seguimos avanzando no noso proxecto da froita. Despois de facer un piano con mazás e uns bongós con laranxas utilizando a placa Makey Makey, nesta ocasión a empregamos para construir un panel interactivo onde aprender como se chaman as froitas nos tres idiomas cos que traballamos en clase: español, galego e inglés.
Entre todo investigamos como se chamaban as froitas nos distintos idiomas, xa que había algúnha que non coñecíamos, e despois cada un grabou  pronunciando alto e claro.
O programa o fixo o profe utilizando Scratch 2.0 (un sinxelo software para programar) e para facer o panel empregamos un cartón, a placa makey makey e os cables, chinchetas (a modo de botóns) e celo para pegalo todo.

Gustounos moito o resultado, e estamos aprendendo moito. Aquí tedes unha proba.


{ 3 comentarios... read them below or Comment }

  1. Qué pasada lo que se puede hacer con unos simples cables y un ordenador. Vas a tener que patentarlo

    ResponderEliminar

- Copyright © Medrando en balaídos - Skyblue - Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -