Posted by : Rubén Molinero malvido viernes, 7 de octubre de 2016


Hoxe o traballo de lóxica matemática tivo un sabor moi doce e cheo de vitaminas...Fixemos zume de laranxa!!
Primeiro fixemos un traballo sobre a secuencia lóxica dos pasos a seguir para facer un zume. O fixemos por equipos.

A medida que iamos rematando, o coordinador/a de cada mesa viña a axudar a exprimir as laranxas ata que estiveron todos os vasos cheos.

 Unha vez que con vasos listos, chegou o momento de bebelos cunhas palliñas súperlongas (para facelo aínda máis divertido).

Todos axudaron bebendo, ao menos un pouquiño.
Despois realizamos un traballo sobre a medida do vaso, e como poderiamos dividir o mesmo número (ou mesma cantidade de líquido) en dúas partes.

Podedes ver máis fotos desta actividade premendo aquí.

{ 3 comentarios... read them below or Comment }

  1. Sí señor, seguramente lo aprendan mejor así que con los libros, y seguramente que ese zumo les gustó más que el de casa

    ResponderEliminar

- Copyright © Medrando en balaídos - Skyblue - Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -