Posted by : Rubén Molinero malvido miércoles, 12 de octubre de 2016


Buscando xogos para o noso proxecto da froita atopamos o Fruit Ninja, un divertido xogo de atención e velocidade de reacción no que hai que cortar todo tipo de froita e evitar as bombas.


Ao final da partida cada alumno debía identificar a puntuación que acadou, apuntala nun papel e comparala coa puntuación do compi que xogou antes.



Empregando un videoxogo tamén pódese aprender. Non dubidedes en descargar o xogo e xogar con eles. Quen gañará, vós ou eles?

{ 4 comentarios... read them below or Comment }

- Copyright © Medrando en balaídos - Skyblue - Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -