Posted by : Rubén Molinero malvido martes, 4 de abril de 2017

 Hoxe recibimos a visita de Sandra, a mamá de Violeta. Viu para facer con nós un experimento químico no que nos ensinou a facer fotografías sen cámara de fotos.
Primeiro explicounos o proceso e logo puxémonos mans á obra:
Primeiro fixemos o noso nome nun papel transparente. 
 Logo baixamos ao patio con distintos obxectos e fixemos cada un a composición que máis lle gustou. Primeiro sobre un papel en branco e logo sobre o papel fotosensible.






 Unha vez feita a composición a deixamos ao sol durante un rato para que quedaran as siluetas marcadas.


Cando estén secas de todos as expoñeremos no edificio de primaria para que as poidan ver tanto as familias como o resto de alumnos.
Podedes ver máis fotos deste obradoiro tan interesante aquí.

{ 4 comentarios... read them below or Comment }

  1. Que chulada, aquí siempre se aprende algo nuevo. Estoy deseando ver cómo quedaron.

    ResponderEliminar
  2. Encantada salín!!Non me deu tempo a despedirme dos pequenos artistas, xa teño excusa para volver��

    ResponderEliminar
  3. Que chulada de fotogramas!!!!! Que recuerdos me han traído!!!!

    ResponderEliminar

- Copyright © Medrando en balaídos - Skyblue - Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -