Posted by : Rubén Molinero malvido sábado, 10 de junio de 2017

 Onte tivemos a visita de Ana e Javi, os pais de Mara. Viñeron a casa para ensinarnos como facer unha botella misteriosa que nos axudase a traballar a atención, a paciencia e a coordinación.
 O primeiro que fixemos foi encher a botella de obxectos pequenos e logo enchela de pasta de sopa.
 O xogo consiste en buscar obxectos movendo a botella. Primeiro fixémolo en gran grupo e logo pasando por equipos polo recuncho.
 Cada equipo tiña que intentar atopar os 5 obxectos que saían nunha lámina no menor tempo posible. A medida que van atopando van tachando.

 Foi unha actividade moi divertida. Moitas grazas por vir a facela.
Podedes ver máis fotos aquí.

{ 3 comentarios... read them below or Comment }

  1. Que bien, con esta clase siempre aprendemos algo, me parece mucho más entretenido y divertido este juego que muchos de los que hay en venta hoy en día, y no hablemos de precios.
    Gracias por vuestro tiempo chicos

    ResponderEliminar
  2. Moi orixinal!!!Nada como que fagan eles mesmos os xogos

    ResponderEliminar
  3. Fenomenal!

    Lembreime dos xogos de auga cando eramos pequenos, onde tíñamos que insertar obxectos...

    As cousas máis simples son as que máis diverten.

    ResponderEliminar

- Copyright © Medrando en balaídos - Skyblue - Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -